Frappuccino de amorodo
O obxectivo deste espectáculo é aumentar a nosa conciencia sobre as agresións (físicas e virtuais) que se producen no ámbito escolar. Poñer en escena un debate que reúna a vítimas, agresores e testemuñas, co obxectivo de mellorar o coñecemento sobre un tema tabú que causa moitas vítimas entre as nosas mozas.
O traballo consegue unha radiografía reveladora e profunda sobre o estado da mocidade actual: crise de identidade, falta de contacto, físico, confianza, horizonte e moitos máis retos para o que debemos enfrontar, mozos e adultos, nun plano social, económico, clima… neste complexo e precario século XXI.
Unha obra que, a pesar da temática, non desaproveita a oportunidade de pasalo ben e mesmo de facer rir ao público en moitas ocasións.