
Solete en EI Xigantes e Cabezudos
Solete é unha obra que trata de achegar a danza e o teatro aos primeiros anos da infancia con sinxeleza e claridade.
Solete é o centro de todo e todos xiramos arredor del. Os raios do sol, a lúa e as estrelas móvense por órbitas e traxectorias sorprendentes. No mundo circular é cálido e moi cómodo.
Solete non é só un solo de bailarín...
Solete é un dúo co sol.