A HISTORIA QUE ESQUECEMOS
A historia que esquecemos é unha historia baseada nunha coñecida frase do intelectual e político checo Václav Havel. A partir del, o autor checo Pavel Šmíd creou un espectáculo de títeres que forma parte da gran tradición do seu país: os monicreques de madeira, aos que engade outro ingrediente esencial da identidade checa, o seu sentido do humor. Šmíd imaxinou un reino no que rexen a mentira e o odio, encarnado nun dragón de dúas cabezas e nun rei. Para combatelos, dous personaxes (Verónica e Felipe) mostran como o ben vence ao mal, a felicidade á desgraza e a sabedoría á ignorancia. Pavel Šmíd (acompañado de Veronika Šmídová como axudante e tradutora) manexa os monicreques, narra e canta esta historia que fai rir e reflexionar.
Artista/Compañía
-
Teatro Pavel Šmíd.