Imperfecto
Unha mostra de reflexión sobre as propias limitacións, de descuberta da beleza non convencional, de investigación das ilusións, un achegamento ao público familiar a partir dos 8 anos, que sen dúbida espertará o seu espírito crítico.
O punto de partida deste novo proxecto son as limitacións corporais, as barreiras físicas e o espírito de mellora. Queren converter o problema de facer bailar a tres non bailarinas no fío condutor; un fío condutor onírico, romántico, cómico e metafórico. Fai desta debilidade a forza do espectáculo.